Premios do Deporte Galego 2007/08

O Club ADAS-Proinor ven de ser premiado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, “á mellor iniciativa en deporte base”.A Gala terá lugar o próximo venres 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e ata alá desprazarase unha delegación do club, co presidente, D. Agustin Gonzalez, a cabeza.O xurado, formado por representantes da Consellería de Cultura e Deporte e deportistas de recoñecido prestixio, decidiu que o galardonado co premio “a mellor iniciativa en deporte base” fora para o noso club, o que constituye un gran exito o traballo realizado por “todos” nestes 26 anos de existencia. Desde a FGA felicitamos a todos os integrantes do Club . parabéns

Compartir: