Resultados

Comeza a tempada 2008/09 ca celebración do Campionato Galego de Maratón a celebrar en Tui o 23 de novembro

O domingo dia 23 de novembro terá lugar a celebración do Campionato Galego de Maratón conxuntamente co Maratón Popular Baixo Miño que organizará o Club Atletismo Tui e a Federación Galega de Atletismo. O circuito está oficialmente homologado pola RFEA e haberá medallas para os tres primeiros clasificados das categorías junior, promesa, absoluto e veteráns. Os atletas federados que desexen tamén optar aos premios que outorgan os organizadores da proba popular deberán formalizar a súa inscrición abonando a cantidade de 20 euros na conta bancaria que proporcionan os organizadores da proba popular. MAIS INFORMACION

Compartir: