O vindeiro mércores 2 de Xullo celebrarase na pistas de Elviña
na Coruña, o Trofeo “Soño Olímpico”, evento patrocinado pola Concellaría de Deportes da Coruña, co fin de conseguir que o atleta coruñés Lolo Penas poida conseguir a marca mínima
que lle abriría as portas da Olimpíada de Pequín.
Non é doado acadar os 13.21.50 que a esixe a IAAF como mínima A, ao que que hai que engadir que no pasado miting de Huelva ata catro atletas españois xa conseguiron a mínima, Jesús
España (13.13.32), mellor marca europea do ano, Teté da Ossa (13.14.91), Carles Castillejo (13.15.72) e Ayad Lamdamsed (13.19.23). Aínda cando presumiblemente Da Ossa decántese polos 10.000 m.l., as tres
prazas do 5.000 xa estarían cubertas, polo que Lolo terá que afinar nesta cita, ao que hai que engadir a mala sorte que persegue a Lolo Penas en momentos craves, un virus contraido polo aire
acondicionado no voo aéreo fíxolle perder case unha semana de entrenos e afectar á súa posta a punto. Esperemos que Lolo cheguei a tempo á súa gran cita. INSCRITOS
O vindeiro mércores 2 de Xullo celebrarase na pistas de Elviña
na Coruña, o Trofeo “Soño Olímpico”, evento patrocinado pola Concellaría de Deportes da Coruña, co fin de conseguir que o atleta coruñés Lolo Penas poida conseguir a marca mínima
que lle abriría as portas da Olimpíada de Pequín.
Non é doado acadar os 13.21.50 que a esixe a IAAF como mínima A, ao que que hai que engadir que no pasado miting de Huelva ata catro atletas españois xa conseguiron a mínima, Jesús
España (13.13.32), mellor marca europea do ano, Teté da Ossa (13.14.91), Carles Castillejo (13.15.72) e Ayad Lamdamsed (13.19.23). Aínda cando presumiblemente Da Ossa decántese polos 10.000 m.l., as tres
prazas do 5.000 xa estarían cubertas, polo que Lolo terá que afinar nesta cita, ao que hai que engadir a mala sorte que persegue a Lolo Penas en momentos craves, un virus contraido polo aire
acondicionado no voo aéreo fíxolle perder case unha semana de entrenos e afectar á súa posta a punto. Esperemos que Lolo cheguei a tempo á súa gran cita.
Tamén hai programado un gran número de probas de todas as categorías.
Unha destas probas será o salto de pértega, coa presenza xa confirmada de LUÍS MOURO, actual campión de España absoluto e recordman galego cunha marca de 5 metros 30 cms., ao que acompañará o
actual campión de España de pista cuberta IGOR BYCHKOV, do Puma Chapín, que acredita este ano unha marca de 5.25.
Igualmente confirmaron a súa presenza os pertiguistas do Maratón de Madrid, AARON BALLESTEROS e MIGUEL ANGEL POZA, ambos esta tempada cunha marca de 5,00 metros, aos cales acompañará o galego do
Celta de Vigo JUAN PABLO CALVO, cunha marca de 4.60 esta tempada, e coa presumible presenza de SANTI FERRER , actual medalla de bronce no campionato de España junior celebrado en Vitoria, que farán
que gocemos dun concurso de pértega de ilusión inscritos