Resultados

David Gomez e Alvaro Contreras seleccionados pola RFEA para a Copa de Europa Superliga de Combinadas

A RFEA acaba de facer pública a selección que representará a España na Copa de Europa Superliga de Probas Combinadas a celebrar en Hengelo os días 28 e 29 de Xuño. No equipo que viaxará a esta competición formado por 4 atletas inclúese a dous Célticos, David Gómez, quen ven de gañar o Campionato de España de Probas Combinadas por Federacións e a Álvaro Contreras, que participou fai uns días no encontro internacional Arles acadando 7490 puntos. Como adestrador da competición atópase Antonio Fernández. Noraboa a todos eles!

Compartir: