Boa nova para o atletismo galego. Santiago Pérez, seleccionado para os Xogos Olímpicos de Pekín nos 50 km. marcha

Xa podemos confirmar oficialmente a selección para os Xogos Olímpicos de Pekín do noso querido Santi Pérez na proba dos 50 km marcha. A boa nova apareceu a mañá desde domingo, 8 de xuño. A propia RFEA había anunciado ca selección definitiva daríase a coñecer despois da disputa do Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantóns da Coruña. E así foi. Non houbo sorpresas e Santi estará defendendo con todo merecemento a súa brillantísima actuación nos últimos XXOO nos que acadou o posto de finalista nos 50 km. A nosa máis sincera felicitación para Santi en nome de todo o atletismo galego.

Compartir: