A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, asinou hoxe o convenio de colaboración con 28 federacións deportivas galegas, entre elas a de atletismo. Nestes convenios de colaboración hai actuacións ordinarias -como as competicións deportivas oficiais, a tecnificación deportiva, as seleccións galegas ou o apoio á estructura da federación- e actuacións específicas, promovidas pola Dirección Xeral para o Deporte e as federacións, como a promoción do deporte feminino, integración no deporte, deporte en galego e certos proxectos deportivos. O Presidente da FGA resaltóu, en representación das federacións deportivas galegas, que “Quero amosar a ledicia de todas as federacións que hoxe estamos presentes aquí porque é un gran satisfacción para nós. Que se adiante o 50% do pago é un feito histórico porque cúmprese unha vella demanda do deporte galego. Estou convencido de que isto é un avance cara o futuro do noso deporte e imos mellorar notablemente”, Máis información.