A Compostela Cup en Porto do Son

O vindeiro sábado 26 de abril disputarase na localidade de Porto do Son a derradeira xornada clasificatoria de Ruta da Compostela Cup Atletismo 2008. Esta será a definitiva oportunidade para todos os participantes de clasificarse para as fases finais da competición que se celebrarán en Santiago de Compostela os días 21 de xuño (pista) e 28 de xuño (ruta), datas todavía provisionais e pendentes de confirmación A competición, patrocinada pola Fundación Compostela Deporte e organizada pola Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago), chega ó seu fin despois de 3 xornadas clasificatorias en pista e 4 xornadas clasificatorias en Ruta nas cales xa tomaron parte máis de 800 participantes. Regulamento – Horario

Compartir: