Resultados

A Sociedad Ginmastica de Pontevedra e o Ria Ferrol Campions Galegos de Clubes

Nas Pista da Malata de Ferrol celebrouse hoxe o Campionato Galego de clubes. Ata alí se desprazaron un total de 8 equipos na categoría masculina e 7 na femenina. Maila a mala climatoloxía reinante ao longo do campionato houbo que destacar o gran nivel, rivalidade e vistosidade de moitas das probas celebradas. A Sociedade Gimnastica de Pontevedra impoñíase na categoría masculina, fronte ao Ourense Atletismo Academia Postal e o Real Club Celta de Atletismo. Na categoría femenina, destacar a superioridade do Club Atletismo Ria Ferrol, seguido do clube mais regular o Ourense Atletismo Academia Postal, quen acadaría a maior puntuación na clasificación pola suma de ambalas categorías, e en tercer lugar o club Atletismo Femenino Celta. Noraboa a todolos participantes polo seu esforzo na competición, e tamén noraboa para os organizadores do evento, que en todo momento coidaron todolos detalles da competición. Resultados Fotos

Compartir: