Esta mañá se disputo en Balaidos o Cto. Galego de 10.000 m.l., cun tempo frío e chuvioso, pero con maino vento, (que é o que mais prexudica aos atletas no seu esforzo) , en donde Pedro Nimo e Mª Xesus Gestido, proclamaronse Campiones Galegos de 10.000 metros (ir a noticia ampliada) Resultados
Se inicio a matinal coa carreira feminina, tan só catro participantes, onde desde o disparo de saída a favorita para o titulo María J. Gestido, impoñería o seu mando ata o final, seguida de Sara Pérez del Atl. Fem. Celta, tambien de antemán clara favorita para levarse o subcampeonato absoluto ao tempo que o Cto, Promesa, ambas realizaron unha carreira a ritmo, co o cal Maria aumentaba a súa vantaxe paulatinamente sobre Sara, pois loxicamente o seu ritmo era lixeiramente mais rapido,Sara salio pensando en facer 36.40, e case o crava.pois o resultado final foi de 36.41.44, en terceiro lugar marcho nas primeiras voltas Margarita Pérez, pero rapidamente nosa incombustible Soledad Castro superábaa e marcaba o ritmo, nada uniforme todo hai que dicilo, para ese terceiro posto, Sole tiro bravamente, pero Margarita o mais que se despegaba eran uns cinco metros, e nesas condicións se aventuraba que nosa Sole perdería esa terceira praza do podio, como así aconteceu, na última volta Margarita superáballe claramente en case 9 segundos, de todos xeitos moi meritoria a carreira de Sole, termino a 20 segundos da súa marca do ano pasado…..pero realizada no mes de Setembro. Na carreira masculina un Pedro Nimo que salio a un ritmo de 2.56.7 o primeiro mil, o segundo xa pásoo a 2.53.9. do 4ª al 5º xa lo pasoo a 3.03.1, o cal se interpretaba que baixo o ballón que neses primeiros compases da carreira caía, o único obxectivo de Pedro era ser o Campión 2008, seguido de Carlos Villamor a cada vez mais distancia, o mesmo que en terceira posición Óscar Piñeiro, despois do abandono de Manuel Vigo noso Víctor Álvarez situábase de cuarto e así foi case ata o final pero pagamento a falta de control no seu ritmo e termino superado por Fausto Hernanz, pero proclamándose Campión Promesa, non acabo moi satisfeito da marca pero é o campión galego promesa. Resultados (Crónica de Joaquín Pérez) Fotos: Flor Curras
Mulleres:
1. María J.Gestido (Morrojable Playas de Jándia) 35:33.46
2. Sara Pérez (Atletismo Femenino Celta) 36:41.44
3. Margarita Pérez (Ria Ferrol-Concepción Arenal) 37:38.50
4. Mª Soledad Castro (Comesaña Sporting Club) 37:47.08
Homes:
1. Pedro Nimo (Rayet-Union Guadalajara) 30:04.98
2. Carlos Villamor (Camargo-Salgar) 31:35.56
3. Óscar Piñeiro (Ourense- Academia Postal) 32:51.41
4. Fausto Hernanz (Ourense-Academia Postal) 33:59.82
5. Víctor Álvarez (Comesaña Sporting Club) 34:14.04
6. Manuel Vieites (Ourense- Academia Postal ) 34:22.73
7. José Antonio Paz (Ourense-Academia Postal) 34:37.08
8. Xosé Luis Otero (C.D.Universidade Santiago) 35:32.57