Gran éxito organizativo e de participación na IX edición do Medio
Maratón Gran Bahía Vig-Bay onde tomaron parte mais de 2500 atletas nun caluroso día con preto de 25 grados de temperatura, que pasou factura ós participantes nos derradeiros metros da proba.
A carreira estivo dirixida en todo momento polo marroquí afincado en Portugal Youssef El Kalai, que entraría victorioso en Baiona cun tempo de 1:04:20, seguido de
lonxe polo atleta de vigo Elías Domínguez, o seu millor posto nesta carreira, e o atleta de ponteareas chegado do triatlón Daniel Bargiela, con
1:07:33 e 1:07:39 respectivamente. En mulleres impúsose a portuguesa Fátima Cabral cun excelente crono de 1:14:15, entrando no terceiro grupo da carreira e detrás dos dez primeiros
homes, a segunda posición da categoría feminina foi para a atleta de Vigo María Jesús Gestido deixando a súa marca persoal en 1:17:22 e a terceira posición foi para a lucense
María Jesús Valiño con 1:21:57.
Parabens a todos os que participachedes nesta importante carreira do calendario atletico nacional, organizadores, xuices, voluntarios, público e sobre todo ós atletas que co seu
esforzo están a convertila na mais valorada do calendario.