Quenes asistiron hoxe ao Criterium de lanzamentos poideron deleitarse cunha magnífica xornada. O gran protagonista sen dúbida algunha foi Borja Barbeito atleta pertencente ao Club Atlética a Silva. Borja mostrou o seu virtuosismo e facilidade no manexo da xavelina mellorando en mais de 5 metros o actual record galego (anterior 61,02 de Oscar Fernandez do ano 1994) e ficando a so un metro do actual record de España na categoría xuvenil. A súa marca sitúase entre as mellores marcas españolas de todolos temposda categoria xuvenil. Houbo tamén outras grandes actuacións, Isaac Vicente Landin lanzaba o martelo a 64,17 metros, mentres que en mulleres Soraya Blanco facía 41,60. Na proba de disco, Mercedes de Santalo impúxose cun mellor lanzamento de 48,92 e en homes Victor Gallego lanzaba o disco a 49,19 metros. Este mesmo atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra liderou tamén a proba de peso acadando unha marca de 14,75 m. No relativo ao peso mulleres a gran favorita Eva Costas proclamaríase campiona cun lanzamento de 12,62 m. En xavelina Angeles Filgueira lanzaba o artefacto a 44,52 m mentres que en homes, ademais da excelente acutación de Borja Barbeito, Jose Manuel Lombao acadaría un bo rexistro de 64,11 m. Resultados
Quenes asistiron hoxe ao Criterium de lanzamentos poideron deleitarse cunha magnífica xornada. O gran protagonista sen dúbida algunha foi Borja Barbeito atleta pertencente ao Club Atlética a Silva. Borja mostrou o seu virtuosismo e facilidade no manexo da xavelina mellorando en mais de 5 metros o actual record galego(anterior 61,02 de Oscar Fernandez do ano 1994) e ficando a so un metro do actual record de España na categoría xuvenil. A súa marca sitúase entre as mellores marcas españolas de todolos tempos da cateegoria xuvenil. Houbo tamén outras grandes actuacións, Isaac Vicente Landin lanzaba o martelo a 64,17 metros, mentres que en mulleres Soraya Blanco facía 41,60. Na proba de disco, Mercedes de Santalo impúxose cun mellor lanzamento de 48,92 e en homes Victor Gallego lanzaba o disco a 49,19 metros. Este mesmo atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra liderou tamén a proba de peso acadando unha marca de 14,75 m. No relativo ao peso mulleres a gran favorita Eva Costas proclamaríase campiona cun lanzamento de 12,62 m. En xavelina Angeles Filgueira lanzaba o artefacto a 44,52 m mentres que en homes, ademais da excelente acutación de Borja Barbeito, Jose Manuel Lombao acadaría un bo rexistro de 64,11 m. Resultados