Resultados

Chus Sanguos, Xose Luis Otero, Daniel Fernandez, Emilio Mendez, Soledad Castro e Manuel Rosales suben ao podium no Mundial de veterans de inverno

En Francia celebrouse durante 6 días (17-22 de Marzo) o Campionato do Mundo de veteráns de pista cuberta. Ata alí desprazáronse numerosos atletas galegos na procura de acadar algún metal. Novamente Chus Sanguos, Xose Luis Otero, Daniel Fernández e Emilio Mendez amosaron o seu gran nivel atlético nas probas de 60 m valados (F50), 3000 metros (M55), salto de altura (M65) e lanzamento de xavalina (M45), respectivamente, acadando un meritorio 3º posto, 2º no caso de Emilio, e por conseguinte a medalla de bronce e prata. Chus Sanguos obtivo unha marca de 10´10, mentres que Xose Luis Otero pararía o crono en 9´46´´78, tan só a unhas décimas da medalla de prata. Daniel Fernández franquearía o listón en 1 metro 42 centímetros e Emilio Mendez lanzaría o artefacto a unha distancia de 50,38 metros.Como colofón do campionato Soledad Castro (w40) e Manuel Rosales (M70) logran medallas de prata e bronce, respectivamente en medio maratón cuns rexistro de 1.21.35 e 1.29.01. Por outra parte, nesta mesma proba o atleta galego da S.A. Val Miñor Antonio Fuertes, sendo terceiro español, puntuaría para a clasificación por paises, obtendo España a medalla de prata. As probas contaron ca participación de recoñecidos atletas procedentes de diversos países, Alemania, Francia, Estados Unidos, Gran Bretaña, entre outros. Parabéns a estes campións que ano tras ano continuan colleitando éxitos para o atletismo galego. Resultados

Compartir: