A Compostela Cup celebra a penultima xornada en ruta

O vindeiro sábado 8 de marzo celebrarase a 3ª xornada da Compostela Cup Atletismo 2008 na localidade de A Silva (Concello de Cerceda). Esta é a penúltima oportunidade de clasificarse para a fase final a celebrar en Santiago de Compostela nos meses de maio ou xuño. Nesta xornada tomará parte na organización o clube Atlética A Silva, un exemplo no traballo das categorías base do atletismo, e en xeral de todo o seu contido . Compre lembrar que para participar na competición non é necesario ter tomado parte en ningunha das anteriores fases. Horario e inscripcionsRegulamento competición

Compartir: