Resultados

Pedro Nimo e Mª Xesús Gestido Campions Galegos Absolutos de Cross

Celebrouse no circuíto compostelán do Monte do Gozo o Campionato Galego de Campo a Través conxuntamente co I Cros de Galicia , cun tempo chuvioso e un excelente circuio, en onde o atleta santiagués PEDRO NIMO DE ORO proclamouse Campión Galego Absoluto (4ª vez consecutiva) nunha carreira que dominou dende a saída ata a meta. Nas dúas primeiras voltas foi acompañado por Lolo Penas, ata que a falta dunha volta deu un tirón que Lolo non puido responder, o que aproveitou JESUS DE LA FUENTE FERNANDEZ para facerse coa medalla de prata, sendo MANUEL PENAS BLANCO terceiro. Na categoria feminina a vencedora foi a gran favorita Mª JESUS GESTIDO RODRIGUEZ que entrou salientada na liña de meta, acompañada no podium por SARA PEREZ RODRIGUEZ e MARGARITA PEREZ BARDANCA. Parabéns ao Concello de Santiago por acoller este campionato e á delegación da FGA de Santiago pola excelente organización. Fotos Resultados

O Campionato comezou coa carreira de Junior mulleres, en onde a vencedora SANDRA MOSQUERA LOSADA do Comesaña, demostrou que unha figura nacional de seu categoria, ao gañar con suma facilidade a PAULA MAYOBRE do Porto Alicante e MARIA MARTINEZ do Poriño. A continuacion deuse a saído dos junior homes, en onde o ALVARO LIZ de la SGP non deu opcións aos demas atletas, pois entrou salientado á meta seguido do seu compañeiro de equipo OSCAR VICENTE MARTINEZ para ocupar a terceira praza RUBEN RODRIGUEZ do Camargo. A seguir foron as mulleres absolutas e promesa as que completaron o circuíto sendo Maria Jesus Gestido na categoria absoluta con gran autoridade, sendo, pois o seu gran contrintate ALICIA FOLGAR non puido en ningún momento puido seguiarla, sendo a primeira promesa SARA PEREZ do Atletismo feminino Celta, completendo o podium EREA RODRIGUEZ e ALICIA FOLGAR ambas do Ourense A. Postal. Para finalizar a competición cos absolutos e promesas homes, en onde PEDRO NIMO foi o indiscutible vencedor absoluto, sendo o primeiro promesa o santiagues do Carmargo IVAN IGLESIAS CARBALLO , acompañado o podium polos atletas do Academia Postal JUAN A. POUSA e MARCOS FERNANDEZ. Con referencia aos Clubs O Ourense Academia Postal logrou un gran éxito ao haber clasificado a todos os seus equipos para o Campionato de España de Cros por Equipos, a disputar en Madrid a próximo fin de semana. A renuncia a participar neste campionato do Comesaña na categoría Senior feminina facilitou esta opción. Na catetgoria absoluta o Ourense Academia Postal resultou vencedor en Homes, sendo o RIA Ferrol en mulleres, categoria promesa dupleto para o Ourense A. Postal e en junior homes o vencedor a Sociedade Gimnástica de Pontevedra e Ourense en mulleres. Resultados

Compartir: