O pasado sábado día 23 tivo lugar o Campionato Galego escolar de Cross, organizado pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e o Concello de Pontevedra, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo. Este Campeonato é a culminación dunha serie de fases clasificatorias, comarcáis e provinciáis, e ao mesmo acceden os mellores equipos da Comunidade, así como os seis mellores atletas individuáis, o que o convirte nun escaparate perfecto na procura de novos valores, e seguimento das futuras promesas do atletismo. A climatoloxía acompañou, e o bo ambente estaba garantido dadas as características dos participantes(ir a noticia ampliada) resultados
Nun circuito rápido, de terra
batida e sen desnivéis, disfrutouse de interesantes enfrontamentos entre atletas, xa que cada posto contaba á hora de clasificar ó equipo. A título individual, destacar as victorias de
JENNY FERNANDEZ MANSO (VMÑ)na categoría infantil femenino; DAVID SANTOS DOMINGUEZ (CDU) en infantil masculino. Na categoría cadete femenino,
triunfo de MARTA CASANOVAS VAZQUEZ seguida de RAQUEL RODRIGUEZ CASALEIRO (SAM), e REMEDIOS RODRIGUEZ FREIRIA en terceiro lugar.
Pola parte masculina, clara victoria de IAGO DIEGUEZ PORTO (LUCUS), e ALEJANDRO PEREZ LOSADA (OOAP) . Lembrar que no
caso dos cadetes, os resultados daban opción a tomar parte coa selección galega no Campeonato de España de Campo a Través Escolar que se celebrará en Toro o vindeiro 9 de marzo.
Ao remate, a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, fixo entrega de agasallos ao Alcalde de Pontevedra, Sr Lores e ao Presidente da Federación
Galega, Isidoro Hornillos, como recoñecemento á súa labor . resultados