O vindeiro Domingo día 24 de Febreiro celebrarase no circuito compostelán do Monte do Gozo o I Cross de Galicia conxuntamente co Campionato Galego de campo a través. O evento está organizado polo concello de Santiago e a Delegación de Santiago da FGA. As inscricións rematarán o vindeiro Martes día 19 de Febreiro ás 22:00 horas, as mesmas poderán facerse a través do email inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou no fax 981191551. O primeiro atleta que en chegar a liña de meta levará 850 euros, habendo premios ata o 8º clasificado. Lembramos que desta compitición sairán tamén os equipos clasificados para competir o día 2 de Marzo no Campionato de España de clubes de campo a través, que acontecerá en Madrid. A FGA pretende de cara a vindeiras tempadas consolidar esta proba dentro do panorama nacional de campo a través e recuperar así a tradición do cross galego.Máis información ver circulares relacionadas co Cross. ANEXO 1 ANEXO 2 ANEXO 3 Atletas inscritos