Resultados

A Escola Naval Militar de Marín, pioniera da práctica do atletismo indoor en España, recibe a insignia de ouro da FGA

O pasado sábado a Escola Naval Militar de Marín recibiu a insignia de ouro da FGA, nun solemne acto presidido polo Almirante Xefe de Persoal, ao que acompañaban o Almirante Director de Enseñaza Naval, entre outros almirantes, directores xerales, Alcalde de Marín e diversas autoridades. Esta é a primeira vez, no seno do atletismo, que se concede esta distinción a unha institución non civil, acreedora de tal recoñecemento pola súa traxectoria e vinculación deportiva ca sociedade galega. A Escola Naval foi pioneira en España da práctica do atletismo baixo teito e tivo unha gran influencia no fomento do atletismo galego a través dos históricos encontros entre a ENM e os clubes galegos, nos que as súas instalacións convertíanse no centro neurálxico do atletismo galego durante os fíns de semana. Na actualidade, a súas pistas seguen estando dispoñibles e ao servicio dos atletas e clubes. (MAIS INFORMACIÓN)

O pasado sábado a Escola Naval Militar de Marín recibiu a insignia de ouro da FGA, nun solemne acto presidido polo Almirante Xefe de Persoal, ao que acompañaban o Almirante Director de Enseñaza Naval, entre outros almirantes, directores xerales, Alcalde de Marín e diversas autoridades. Esta é a primeira vez, no seno do atletismo, que se concede esta distinción a unha institución non civil, acreedora de tal recoñecemento pola súa traxectoria e vinculación deportiva ca sociedade galega. A Escola Naval foi pioneira en España da práctica do atletismo baixo teito e tivo unha gran influencia no fomento do atletismo galego a través dos históricos encontros entre a ENM e os clubes galegos, nos que as súas instalacións convertíanse no centro neurálxico do atletismo galego durante os fíns de semana. Na actualidade, a súas pistas seguen estando dispoñibles e ao servicio dos atletas e clubes.

Nun acto moi solemne, con todas as damas e cabaleiros alumnos da Escuela en formación, o Presidente da FGA resaltou a gran contribución e servicio prestado por parte da Escola Naval Militar de Marín ao atletismo galego durante os últimos 50 anos. O Comandante Director da Escola agradeceu a distinción manifestando o seu desexo de seguir colaborando e apoyando dende a ENM ao noso deporte.

Aparte dos membros da Xunta Directiva da FGA atopabánse algúns personaxes históricos que beneficiaronse das facilidades outorgadas pola Escola na súa práctica deportiva como Jesús Hermida, que foi Secretario de Estado para o Deporte; o olímpico maratoniano Carlos Pérez; Ramón Touza, presidente da SGP; o lanzador Mario Barreiro, entre outros.

Parabéns á Escola Naval Militar de Marín.

Compartir: