Begoña Garrido lider da proba dos 400 m.l.

A atleta ferrolá nas ringleiras do Valencia Terra i Mar Begoña Garrido Barro está a comezar a tempada con moi boas sensacións e proba delo son os 56.69 nos 400 m.l. que a sitúan como líder desta proba de maneira momentánea no ranking español. Lembramos que Begoña rematou a tempada pasada de maneira excepcioal acadando a internacionalidade, o título de Campiona de España absoluta dos 400 m. e acadando o recoñecemento como millor atleta galega 2006/2007. En outro orde de cousas a atleta formada en Galicia e agora pertencente á federacion Castelá Ruth Ndoumbe ocupa asemade a primeira posición en triplo con 13.40 m. (03)

Compartir: