Jorge Silva e Lorena Luaces ganadores do Galego de Marcha en Ruta

En unha mañá esplendida en Naron, celebrouse o Galego de Marcha en Ruta onde houbo unha boa participación en todas as categorias, desde benjamin a veteranos. Con este campionato se confeccíonará a Selección que represente a Galicia no Campionato de España de Marcha a celebrar o proximo mes de febreiro en Castro Urdiales (Cantabria) . O vencedor absoluto de 20 Km. JORGE SILVA CRESPO cun rexistro de 1.30.04 suma un novo titulo ao seu brillante palmares, en segunda posición CARLOS MORALES VELASCO con 1.54.12 completando o podium PEDRO ABELEDO CORTIZAS con 2.04.48. En mulleres sobre 10 Km. a vencedora LORENA LUACES BARRIL necesito un tempo 50.20 para cruzar a linea de meta, seguida da xuvenil MARIA BABARRO GONZALEZ que fixo 55.57. e a terceira praza foi para a campioa da tempada anterior EVA Mª IGLESIAS GONZALEZ que fixo 57.01 (02) resultados Fotos gentileza de Juan L. Pedrosa y Manuel Teijeiro

Compartir: