O Presidente da FGA nomeou á coruñesa Dolores Rojas nova Presidenta do Comité Galego de Xuíces. Releva no posto a Jorge Blanco quén fai varias semanas tiña comunicado a súa imposibilidade de seguir no cargo ó nom poder adicarlle ó tiempo que precisaba. Dolores amosa un brilantísimo palmarés e accede as súas novas responsabilidades con gran ilusión. Nos vindeiros días tomará as primeras decisións como nova Presidenta. É Xuíz Territorial dende 1989; Xuíz Nacional dende 1993 e Xuíz Árbitro dende 1998. Delegada Técnica da RFEA e Xuíz Internacional de Marcha. Foi a primeira muller española en acceder ó Panel “A” da Federación Internacional. No ano 2002 foi nomeada Xuíz do Ano polo Comité Nacional de Xuíces. No ano 2006 a Xunta de Galicia distinguíuna co premio á millor xuiz femenina do deporte galego (BIOGRAFIA)