Resultados

Deu comezo a I Liga Escolar Caixa Nova

Deu comezo a primeira Edición da Liga Escolar Caixanova que xuntará a atletas das categorías Alevín e Infantil. A primeira fase se desenvolveu o sábado 27 nos Concellos de Ferrol, Vigo e Pontevedra. No encontro disputado en Vigo salientamolo récord Galego do atleta do Vila de Cangas Pablo Castro Chapela, quen na proba de peso (2kg) mandaría o artefacto ata os 11,81. Na disputa do encontro desenvolvido en Pontevedra destacamolo Récord Infantil da atleta do San Narciso Irene Martínez Curras ó franquealo listón de pértega a 2.45 m. o que supón un novo récord na súa categoría. As seguintes datas de celebración serán as de Santiago o dia 3, A Coruña, Lugo e Narón o dia 10, e a de Lugo cuia data se dará a coñecer en breve RESULTADOS VIGOFERROL PONTEVEDRA Mais información circular 70 . Ver horario en calendario

Foto. Pablo Castro (gentileza de Flor Curras)

Compartir: