O martes 2 de outubro presentóuse ante os medios de comunicación a prestixiosa Carreira Popular de Santiago, que afronta a súa 30º edición. Este evento convertíuse, pola súa excelente capacidade organizativa, de convocatoria e participación, nunha das probas de referencia do estado español no seu xénero. Un dos momentos máis nostálxicos do acto foi a entrega de placas a 13 dos gañadores dalgunhas das edicións. Alí estaban Juan Santos (1978), Rogelio Barragáns (1979), Javier Fernández Feijoo (1983 e 1984), Manuel García Gendra (1987), Jesús González Margaride (1991), Alejandro Gómez (1992 e 1994), José Carlos Adán (1995 e 2000) e Alberto Álvarez (1998), en categoría masculina; así como Fátima Paz (1978-2000), e Soledad Castro Soliño (1999), en categoría femenina. Dende a FGA felicitamos efusivamente ós organizadores, animándolles a seguer con ese esforzo encomiable que prestixia o atletismo e deporte galego. Na imaxe: o Concellal de deportes do Concello de Santiago; o Presidente do Consello de Administración de El Correo Gallego; a Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia e o Presidente da FGA.
O martes 2 de outubro presentóuse ante os medios de comunicación a prestixiosa Carreira Popular de Santiago, que afronta a súa 30º edición. Este evento convertíuse, pola súa excelente capacidade organizativa, de convocatoria e participación, nunha das probas de referencia do estado spañol no seu xénero. Un dos momentos máis nostálxicos do acto foi a entrega de placas a 13 dos gañadores dalgunhas das edicións. Alí estaban Juan Santos (1978), Rogelio Barragáns (1979), Javier Fernández Feijoo (1983 e 1984), Manuel García Gendra (1987), Jesús González Margaride (1991), Alejandro Gómez (1992 e 1994), José Carlos Adán (1995 e 2000) e Alberto Álvarez (1998), en categoría masculina; así como Fátima Paz (1978-2000), e Soledad Castro Soliño (1999), en categoría femenina. Dende a FGA felicitamos efusivamente ós organizadores, animándolles a seguer con ese esforzo encomiable que prestixia o atletismo e deporte galego. Na imaxe: o Concellal de deportes do Concello de Santiago; o Presidente do Consello de Administración de El Correo Gallego; a Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia e o Presidente da FGA.