Alvaro Contreras non poido rematalo Decatlón da Universiada

O atleta madrileño con licenza por Galicia, e pertencente ó Real Club Celta de Atletismo, non puido rematala proba de Decathlon na Universiada, que está a acontecer en Bangkok. O motivo foi que na segunda xornada e na sempre non doada proba de pértega, realizaría nulos na mesma optando por non tomala saida na proba dos 1.500 m. . Descoñecemos ata o momento se se trata dalgunha lesión ou de algunha decisión técnica o que obrigou a Contreras a abandoar a proba, asi a todo esta compitición non debe empañar esta tempada que tan bos e maginíficos resultados deron o atleta celeste. Resultados decathlón

Compartir: