Bilbao foi testemuña do excepcional estado de forma dos atletas galegos que se desprazaron ata alí para medirse con numerosos atletas internacionais. Destacar a actuación de Patrick Chinedu, atleta nixeriano do OAAP que obtivo un rexistro de 10´´44 nos 100 ml. Tamén bo rexistro de Gustavo Platas nos 1500 ml con 3´40´´33 e a minima lograda por Juan Antonio Pousa para o Campionato de Europa sub-23 nos 3000 m obst. cunha mellor marca de 8´51´´.(Foto: Juan Antonio Pousa, cortesía Nacho Rego)
Nos 100 metros lisos destacamos a victoria do nigeriano Patrick Chinedu militante do OAAP que obtivo un rexistro de 10´´44, quen representou a Galicia no pasado encontro de Federacion. Tamén resaltar a marca de Gustavo Platas nos 1500 que foi 3.40´´33 o que demostra o actual estado de forma deste atleta superando a recoñecidos atletas de elite nacional. Nesta mesma proba participou tamén Robertas Geralavicius que se tivo que conformar cun discreto rexistro de 3´51´70. Nos 3000 m. obs. destacamos o rexistro de Juan Pousa que cunha marca de 8,51 obtivo o pase para o Campionato de Europa sub-23, lembramos que tamén teñen a minima para este encontro ata o momento os galegos Alejandro Fernandez (10000) e Isaac VIcente Landin (martelo).Nas mulleres, a ferrolana Begoña Garrido afincada en Madrid se adentraba na barreira dos 55´´ nos 400 ml realizando un rexistro de 55´´79. Outras actuacións das galegas foron: Suszane Hasler nos 800 (2´07´´03), Maria Jesús Gestido nos 5000 (16´46´´94) e Dolores Pedrares no lanzamento de martelo (61,90). (Foto: Juan Antonio Pousa, cortesía Nacho Rego)