Avilés acolleu este fin de semana o Campionato de España Xuvenil. Do medalleiro por comunidades, destacamos a medalla de ouro de Eva Costas na proba de lanzamento de disco e peso, a de ouro tamén para Sandra Mosquera nos 1500, a prata de Santiago Ferrer no salto con pértega, Iria Abelleira no salto de altura e Noelia Ferradanes en lanzamento de martelo, ademáis do bronce do lanzador Borja Barbeito na proba de xavalina.
Foto Eva Costas (gentlleza Flor Curras)
Eva Costas como era de agardar proclamabase Campiona de España de lanzamento de disco cun rexistro de 40,62 cm e no lanzamento de peso. Por outra parte, Sandra Mosquera na proba dos 1500 m. chegaba na primeira posición nunha final do máis axustada, millorando a súa marca persoal. Moi boa actuación a do pontevedrés Santiago Ferrer que acadaba a medalla de plata na proba de salto con pértiga obtendo un millor rexistro persoal de 4,61. Igualmente Iria Abelleira facía o mesmo na proba de salto de altura superando o listón en 1´66 cm. Excelente tamén Noelia Ferradanes que acadaba a prata no lanzamento de martelo ó igual ca do lanzador de A Silva Borja Barbeito que conquería a medalla de bronce na proba de xavalina cun millor lanzamento de 56,47. David Cabezas quedabase as portas de acadar a medalla de bronce nos 3000 metros lisos obtendo un rexistro de 8.53. Samuel Paz remataría cuarto na final dos 200. Carlos Revuelta clasifcabase na sexta plaza na proba de martelo, ó igual que a céltica Lucia Perez na proba de triple salto. A ferrolana Andrea Montero acadaba a 5º praza na final dos 800 m.l. mellorando a sua marca persoal.
No medalleiro por comunidades e finalistas, Galicia obtivo un total de 89 puntos situándose no 7º lugar. No relevo 4×100 o único equipo galego que participou Atletismo Narón remataba na séptima plaza mellorando a súa marca persoal.