Resultados

Citas importantes para a selección galega absoluta en Córdoba y Avilés

Este fin de semana terá lugar a celebración do Campionato de España de Federacións de 1ª e 2ª categoría. Galicia contará cunha nutrida participación dos mellores atletas galegos. Lembramos que a selección galega femenina disputará o encontro de federacións de 1ª categoría, mentres que a masculina atópase en 2ª donde tentará o pase a primeira.

O equipo femenino loitará por acadar o podium en Córdoba. Para elo contará ca presenza de destacadas atletas como, María Xesús Gestido, Paula Campanero, Begoña Garrido, Alicia Folgar, Rocio Rodriguez, Mercedes de Sanalo, Angeles Filgueiras, Dolores Pedrares, Virgina Villar entre outras reconocidas atletas. A expedición saíra a distintas horas dende os 3 aeroportos galegos, co fin de facilitarlle unha maior comodidade as atletas participantes, dado que a maioría delas atópanse en periodo de examenes.

Por outra parte a expedición masculina viaxará ata Avilés para intentar ascender a 1ª categoria, para elo contaremos ca presenza de recoñecidos atletas de nivel nacional, como son Luis Moro, Dario Vazquez, Victor Rioboo, Gustavo Platas, David Gomez, Javier Fidalgo, Raimundo Fernandez, entre outros moitos. Ademais a selección contará cun relevo moi competitivo.

A Federación Galega destinará un total de 12000 euros para repartir e premiar a todolos atletas participantes mediante sistema de puntuación.

HORARIO DA PROBA SELECCIÓN GALEGA E PLAN VIAXE

Compartir: