Resultados

8 medallas para nosos atletas no Campionato de España Xuvenil Escolar

Os atletas galegos que se desprazaron este fin de semana ata Palma de Mallorca para disputar o Campionato de España Xuvenil Escolar lograron unha boa actuación na totalidade das probas. Destacar a título individual os atletas que acadaron os primeros postos: Eva Costas, Sandra Mosquera, Santiago Ferrer, Pablo Denis, Noelia Ferradanes, Clara Catalán, Iria Abelleira e David Veiga. Dende esta FGA felicitamos a todolos nosos atletas que se desprazaron ata a illa Balear e puxeron todo o seu esforzo en acadala lo éxito para Galicia. RESULTADOS

Compartir: