Resultados

Éxito organizativo e participativo no Campionato Galego Cadete e Xuvenil

A Delegación Lucense artellou cunha excelente organización a edicion do Campionato Galego das categorías Cadete e Xuvenil que congregou a preto dos 700 atletas achegados de tódolos recunchos do pais nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera. Malia o tempo que non acompañou en exceso a estos campionatos, deseguro que serán lembrados polo excelente traballo organizativo desenvolvido polos compañeiros da delegación de Lugo. RESULTADOS

A Delegación Lucense artellou cunha excelente organización a edicion do Campionato Galego das categorías Cadete e Xuvenil que congregou a preto dos 700 atletas achegados de tódolos recunchos do pais nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera. Malia o tempo que non acompañou en exceso a estos campionatos, deseguro que serán lembrados polo excelente traballo organizativo desenvolvido polos compañeiros da delegación de Lugo.

E xa centrándonos ná crónica destes campionatos, comezaremos salientando que nas probas de velocidade xuvenil, o domiñador masculino foi o representante do Sierra Narón Samuel Paz Cidoncha quen acadaría as victorias tanto nos 100 m.l. cun rexistro de 11.11 como na do 200 m. con 22.65. En canto as mulleres Korai Bures do A.Femenino Celta repetiría da mesma maneira as victorias en ambalas dúas probas con 12.98 e 26.75 no dobre hectómetro.

Os cadetes protagonistas dos 300 m. serían o coruñés Rodrigo Avellaneda que gañaría a súa final tanto nos 100 m.l. como nos 300 m. e Paula Ferreiros do San Fernando Lucus con 44.40. nos 300m.l.

O título dos 400 m. iría a parar para representante da Lourenzá Laura Campos na categoría feminina e para Hector Pérez do Ourense Atletismo con 54.31 na categoría masculina.
Nos valados masculinos dos 110 m. victoria xuvenil para Denis Galán do Riazor 14.75 e para o cadete Jorge Casariego con 15.62, sendo os 400 valados o primeiro posto para David Mata e Mariana da Noite Fernández. Na categoría femenina cadete victorias para Sonia Becerro (que tamén repetiría victoria nos 300 v con 49.02) e para Teresa Rodríguez Mígueles. Por outra banda, Iago Dieguez Porto do San Fernando proclamariase Campión Galego dos 300 m.v. na categoría cadete.

Nos 600 m.l. dominio de Mar Lamapereira con 1.42.58 e de Carlos Roldán do San Fernando con 1.34.48, sendo a victoria dos 1000 m.l. para Carlos Porto da A.Viguesa e Marta Casanova do San Fernando. O ouro dos 800 acadarianno Iria Castro e Fernando Roldán.

O Atleta do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra Enrique Blanco Millara do Ourense faría bos os pronósticos e gañaría a final dos 1.500 con 4.15.87 sendo Sandra Mosquera do Comesaña a domiñadora feminina con 4.39.33.

Para os 3000 m.l. traballadas e xustas as victorias dos atletas do Ourense Atletismo Leticia Fernández Barbosa e David Cabezas.

No tocante a marcha feminina a cadete Miriam Costas do Sanmertolameu por unha banda e a marchadora xuvenil Agostina Bovio pola outra serían as domiñadoras desta especialidade que tiveron nos homes tanto a David Veiga nos 10 km, como Angel Mendiga Gutierrez do Vila de Cangas nos 5 km os seus protagonistas

No sector de saltos Santiago Ferrer Alonso da S.Gimnástica acadría no concurso de pèrtega uns destacados os 4.20 cm, sendo tamén notoria na proba de triple os 13.06 m. acadados polo tamén atleta da Gimnástica David Ferrer con 13.06.

En altura o especialista de Combinadas nas ringleiras do Riazor Coruña, Nicolás Garzo faría valer o seu bo momento para impoñerse en Altura con 1.77 m. sendo a cadete femenina Paula Ferreiros con 1.58 quen faría o propio na mesma proba.

No foso de lonxitude de novo o xuvenil David Ferrer con 6.62 acadaría a primera posición sendo o primeiro cadete Rodrigo Avellaneda do Coruña Comarca con 5.70.

Na categoría Feminia Iria Martínez do RIA Ferrol con 5.13 e Angela Fernández do Ourense Atletismo con 5.12 serían as primeiras nas súas categorías cadete e xuvenil respectivamente.

Para o triple femenino, nada máis e nada menos que 20 foron as atletas que tomaron parte na mesma sendo a xuvenil do Celta Lucía Pérez con 10.78 e a cadete Sonia Becerro do Narón quenes subirían ao mas alto do podium.

En lanzamentos o martelista xuvenil do Samertolomeu Pablo Denis lanzaría ata os 54.24 m. polos 39.90 do cadete do Suárez Marquier, Brais Otero que tamén lle servirían para conquerilo campionato. Na categoría feminina a xuvenil Noelia Ferradanes do Atletismo Femenino Celta con 44.65 e a cadete Laura Graña con 45.73 acadarían sendos Campionatos Galegos.

As protagonistas da xavalina foron por unha banda a integrante dos NAR (Núcleos Galegos de Tecnificación Deportiva) Natalia Lista do Clube A Silva dirixido por Pepe Domínguez, que mandaría o dardo ata os 37.96 polos 31.49 da xuvenil do Ourense Atletismo Lucía Domínguez. Na tamén categoría xuvenil masculina outro integrante do Club A Silva Borja Barbeito, acadría os 53.83 m. sendo Alfonso Touza do San Narciso o gañador da categoría cadete con 41.43 m.

En Peso repetirían podium na categoría xuvenil e cadete Iria Abelleira con 9 metros xustos e Natalia Lista con 10.54 m. respectivamente.
No tocante ao disco xuvenil victorias para Carlos Revuelta Parra con 35.76 m. e para o xoven valor cadete do clube Suárez Marquier (presidido polo incansable Felix Piñel) Brais Otero con 40.50 m. quen tamén acadaría a victoria en peso con 13.59 m.

En canto as mulleres foron a cadete Sara Abuin con 35.57 e María Morado con 30.06 ambalas dúas do Sierra Narón queñes domiñaron o concurso nas súas categorías.
O peso xuvenil “chamouse” Santiago Ferrer (especialista e gañador de pertega) con 11.90 m.

Compartir: