Boa actuación do Colexio San Narciso de Marín no Torneo Nacional Xogando ao Atletismo

O Colexio San Narciso de Marin participou este fin de semana en Zaragoza no III Torneo Xogando ao atletismo no cal acadou finalmente a sétima praza. Lembramos que nesta competición participaron 18 colexios procedentes de diversas comunidades autónomas. Con esta actuación este centro consolida o seu protagonismo a nivel nacional. Noraboa a todolos integrantes do San Narciso de Marin que participaron nesta proba. Clasificacion

Compartir: