Celta e Gimnástica dominan o autonómico de combinadas por clubs

Celta Atletismo na categoría feminina e Sociedad Gimnástica na categoría masculina, proclamáronse esta fin de semana campións de Galicia absolutos na modalidade de probas combinadas na edición levada a cabo nas pistas de Balaídos á que acudiron un total de doce equipos participantes.
O cadro celeste feminino remataba o campionato sumando un total de 9.980 puntos sendo Olivia Gutiérrez a mellor das viguesas grazas aos seus 3.492 puntos logrados e xunto á cal sumaban Irene Méndez, Gabriela Bouzada e Lucía Sánchez. O Club Xuncas Diversia con 9.446 puntos e o Club Atletismo Sada con 9.321 foron os conxuntos que compartiron podio.
En homes a Gimnástica revalidaba título grazas en parte aos 5.134 puntos do mellor dos seus homes, Alvaro Fontán e que xunto ao resto (Nicolás Quiñones, Iago Gómez, Sergio Lamas) outorgaban unha suma total para os pontevedreses de 13.924 puntos. Novamente o equipo do Xuncas Diversia con 13.870 p. ocupaba o segundo posto da clasificación sendo o terceiro lugar para o Atletismo Deza.
Categoría feminina
- 1ª Celta Atletismo, 9.980 puntos
- 2ª Xuncas Diversia, 9.446 p.
- 3ª At.Sada, 9.321 p.
- 4ª Agrupación Viguesa, 8.617 p.
- 5ª S.Gimnástica, 8.370 p.
- 6ª A. Rías Baixas, 8.132 p.
- 7ª At. Deza, 6.341 p.
- 8ª At. Millaraio, 5.879 p.
Categoría Masculina
- 1º S.Gimnástica, 13.924 puntos
- 2º Xuncas Diversia, 13.870 p.
- 3º At. Deza, 12.737 p.