Resultados

Metros por vacinas na campaña de UNICEF de #PequeñasSoluciones

Desde esta Federación Galega de Atletismo querémosvos dar a coñocer e invitarvos a que vos sumedes a unha iniciatica en liña posta en marcha por UNICEF Comité Español.

A campaña que leva por nome # PequeñasSoluciones,  céntrase principalmente na vacinación entendéndoa como a solución máis eficaz, económica e sinxela para garantir a supervivencia dos nenos e nenas en todo o mundo. Na actualidade sigue habendo grandes problemas, como a polio ou o sarampelo que contan con solucións a través das vacinas coas que se salvan entre 2 e 3 millóns de vidas cada ano.

Pero aínda queda moito traballo por facer, e en UNICEF necesitan máis apoios e máis recursos para chegar a todos eles con máis medios e doses

Por elo  e a través desta iniciativa, deséxamos animar a todo o colectivo atlético galego, clubs e atletas a ser parte dun proxecto emocionante, saudable e con espírito de equipo. Trátase dunha Carreira virtual solidaria # PequeñasSoluciones, que terá lugar do 18 de xaneiro ao 7 de febreiro, e na que todas e todos podedes participar como equipo ou individualmente e sumar quilómetros a favor da vacinación.

Desde UNICEF marcáronse como obxectivo alcanzar o 25.000km. entre todos os participantes. Todos os que se inscriban poderán participar correndo, montando en bicicleta, camiñando, nadando…, como cada un elixa a través dunha aplicación.

Grazas a unha pequena doazón corporativa para os clubs (asinariase un convenio de doazón) e ás achegas voluntarias de cada atleta individual (a inscrición para participantes é de balde pero teñen a opción de realizar unha doazón voluntaria) terase a posibilidade de seguir apoiando programas deste tipo por todo o mundo.

A plataforma xa está activa para inscribir equipos, subíndose o nome e logo do equipo ou club á web da carreira, poidendose mobilizalo con todos os integrantes para o que se facilitaría o HTML para e- mailing e mensaxes para rrss.

ÁNIMO!!

Alianzas Corporativas e Doantes particulares:

  • UNICEF Comité de Galicia | Calle Galeras, 13 – 2º, oficina 5. 15705 Santiago de Compostela
  • Correo electrónico: mariloc@unicef.es | galicia@unicef.es

Compartir: