Resultados en directo  

Fin de semana moi intenso para os e as Máster

Fin de semana moi intenso o que nos deixaría a celebración dos campionatos de Galicia Máster tanto de campo a través como o de péntatlon de lanzamentos que se deselvolveron respectivamente nos concello de Fene e de Pontevedra durante este domingo.

Arrincando co de lanzamentos, nas pistas do CGTD de Pontevedra disputaríase a cuarta edición do autonómico onde o máis salientable foi a consecución de nada menos que de sete récords galegos. Emilia Mesa sería unha das protagonistas ó acadar tres novos topes galegos na categoría Máster 65 nos concursos de martelo (3 kg.) con 19.34 m. e martelo pesado con 7.21 m. que sumado ó resto de probas, permitíanlle acadar o récord galego no conxunto da proba con 2.668 puntos.

Carlos Almudi do Durango Kirol na Máster 45 , sería o outro protagonista da xornada logo de establecer de igual modo, os récords galegos de martelo (7.260 kg.) con 50.03 m, martelo pesado con 13.57 así como a de péntatlon de lanzamentos con 3.305 puntos.

Manuel Rodríguez do Real Club Celta no concurso de disco (1 kg.) máster 70, sería o terceiro dos atletas en establecer un novo tope galego na súa categoría ó lanzar ata os 31.16 m.

O resto de gañadoras/es serían os seguintes:  Máster 35: José Méndez do Rías Baixas/ Máster 40: Irene Fernández e Santiago Arnoso ambos do A.Narón/ Máster 50: Manuel Núñez de A Silva/ Máster 60: Julio Escolante/ Máster 65: Luis Eyre do USC/ Máster 70: Manuel Rodríguez do R.C.Celta/ Máster 75: José Almudi do ADAS 

Un circuíto e pistas recuperado para o atletismo en Fene

Si todo esto acontecía en Pontevedra, a pouco máis de 145 km., desenvolvíase en Fene a edición trixésimo terceira do seu autonómico de campo a través baixo un fantástico ambiente e escenario para a práctica atlética.

Esta edición serviría para traer de novo a Fene un campionato destas características, pero sobre todo, para recuperar tanto o circuíto como as pistas de atletismo de cinza, cuxo proxecto persoal levaría a cabo o concelleiro de Deportes Xoan Manuel Bastida segundo recoñocía o alcalde do concello Gumersindo Galego. Con esta medida recupérase un importante espazo para o atletismo local.

Xa no apartado de resultados resultarían gañadores en cada unha das súas categorías os seguintes atletas: Máster 35:  Iván Docampo do Run Galicia e Mónica Granero do Verxel Nutrición./ Máster 40:  Juan Gude do LUCUS e Ana María Alonso do Beade/ Máster 45 Inés Papín do C.A. Sada e José Buján do Noitebra e/ Máster 50: Teresa Castro do Noia e Samuel Veiga do Milladoiro e / Máster 55Marta Paz do Egovarros e José Suárez do SAR e / Máster 60: Carmen Novo do Egovarros e Javier Toro do Verxel/ Máster 65: Pilar Márquiz do Sada e Xosé L. Otero Cepeda do Universitario de Santiago/ Máster 70: José Sainz do C.A. Sar/ Máster75: Antonio Cabana do Egovarros.

Por clubs os triunfos serían na categoría feminina para o Verxel Nutrición sendo na masculina o Arenteiro o gañador na Máster 35/40, o Atletismo Sada na 45/50 e o Egovarros na de maiores de 60.

Resultados Pontevedra

Resultados Fene

Compartir: