Atletismo O Pino logra o campionato galego de cros de remudas mixto
Atletismo O Pino proclamouse campión galego no VIII Campionato Xunta de Galicia de clubs na modalidade de remudas mixtas de campo a través, celebrado no Parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela. O conxunto pinés impúxose con claridade grazas á gran actuación das súas dúas atletas internacionais, Debritu e Demeku Paniagua, que, xunto co traballo de Adrián Sesar e Arturo Ponte, levaron o equipo cara ao título autonómico.
O equipo de O Pino dominou a competición cunha actuación colectiva moi sólida, na que o nivel das súas atletas internacionais resultou determinante para acadar o triunfo e situarse no máis alto do podio desta cita autonómica.
A segunda posición foi para o Comesaña Sporting Club, que conquistou a medalla de prata tras unha destacada remontada de Ángela González. A subcampioa galega de campo a través superaba a Paula de la Torre, representante da Gimnástica de Pontevedra, que aseguraba así o segundo posto para o conxunto vigués. O cuarteto do Comesaña estivo formado ademáis, pola internacional Sandra Mosquera, Noah Otero e Nacho Noguiera
Pola súa banda, a Gimnástica de Pontevedra, defensora do título conquistado na pasada edición, tivo que conformarse nesta ocasión coa medalla de bronce que lograban xunto a Paula de la Torre, a campioa de España dos 3.000 m. Isabel Cairo, Pablo Ulla e Pepe Sánchez del Valle, completando así o podio dunha competición que reuniu algúns dos principais clubs do atletismo galego.
Tras os tres primeiros clasificados, Riazor Coruña, Atletismo Santiago, Atletismo Sada, Atletismo Obradoiro e SD Barbantia Roda completaron a clasificación dos equipos participantes.
Unha xornada de atletismo coas categorías base como protagonistas.
A competición que estivo patrocinada polo Concello de Santiago, contou ca presenza da Concelleira de Deportes Pilar Lueiro quen estivo facendo entrega das distintas premicacións no Parque Eugenio Granell, lugar de celebración do cros.
Ademais, nos instantes previos ao campionato celebrouse o I Cros Escolar de Compostela, unha iniciativa dirixida ás categorías base que contribuíu a converter a mañá nunha auténtica festa do atletismo, combinando a competición de clubs co impulso do deporte escolar e a promoción do campo a través entre os máis novos.