Sole Leiro, subcampioa mundial máster de maratón
Soledad Leiro asinou unha brillante actuación no último Campionato do Mundo Máster de Maratón, celebrado en Zagreb o pasado 11 de outubro, onde conseguiu o subcampionato mundial cun rexistro de 2h.59:04 na categoría W50 cedendo tan só por trece segundos ante a tamén española Arancha Tejero. De igual modo lograba xunto a gañadora e a terceira das compoñentes do equipo hispano, María Isabel Tato, o campionato do mundo na modalida de equipos.
Mi debut con la equipación de España no ha podido ser más satisfactoria!!! Subcampeona del mundo de Maratón +50 y campeonas del mundo x equipos!!!! Así manifestaba a través das RRSS, a súa satisfación a atleta do SD Compostela que a sitúan entre as grandes protagonistas do campionato nunha tempada na que ademáis, lograba o título e o récord de España de milla en ruta entre outros éxitos.
O resto de actuación galega, completáronna Rubén Bregua, quen entreba no posto 18º da M40 con 2h.57:43 e Emilio García, 17º na M50 con 2h.59:12.
Por outra banda, o campión do mundo no 2024 Jordi Carrasco e unha das principais bazas galegas, non puido rematar a proba, tendo que abandonar no quilómetro trinta cando marchaba claramente na primeira posición da súa categoría.
