O galego de remudas mixtas abre a tempada de campo a través
O parque compostelán Eugenio Granell, será o escenario este sábado día 17, do VIII Campionato Xunta de Galicia de clubs de remudas mixtas de campo a través, unha cita na que tomarán parte nove equipos: Riazor Coruña, Atletismo Sada, Gimnástica de Pontevedra, Barbantia Roda, C. Atletismo Pino, Atletismo+9 Moraña, Atletismo Obradoiro, Atletismo Santiago e Comesaña S.C.
Os conxuntos participantes loitarán polo primeiro título autonómico destacado da tempada de cros, nunha competición que tamén terá como obxectivo conseguir unha das tres prazas que darán acceso ao Campionato de España de clubs de remudas mixtas, previsto para o vindeiro 22 de novembro en Atapuerca.
A proba dará comezo ás 12:45 horas e desenvolverase sobre un circuíto de 6n Km., nun formato de remudas mixtas que combinará o traballo en equipo coa resistencia e a regularidade dos atletas.
Na loita polo título, a Gimnástica de Pontevedra partirá como defensora da coroa conquistada na pasada edición. O conxunto pontevedrés presenta unha formación renovada na que só repite Paula de la Torre, que estará acompañada nesta ocasión por Pepe Sánchez del Valle, Isabel Caeiro e Pablo Ulla.
De igual modo, a presenza da subcampioa galega da modalidade Ángela González e da internacional Sandra Mosquera, quen volve a competición logo da súa maternidade, sitúan ao Comesaña como outro dos conxuntos a ter en conta.
O Parque Eugenio Granell converterase así no punto de encontro do atletismo galego nunha competición que promete emoción e igualdade, coa clasificación para a cita estatal como un dos grandes alicientes dunha xornada na que estarán en xogo ademáis o primeiro título autonómico da tempada.