Cita en Esgos para os clubs galegos de TR
A clásica San Pedro de Rocas de Esgos, será escenario este ano 2026 da celebración do XI Campionato Xunta de Galicia de Trail Running por clubs e o II Campionato Xunta de Galicia de promoción que xuntará a patir das 8.30 horas a un importante número de atletas participantes.
En concreto para esta edición teñen confirmada a súa participación un total de 20 equipos dos cales o CD Bisobardo tanto en homes como en mulleres parte na defensa do título logrado o ano pasado na edición de Barbadás.
Para este campionato non contaremos ca participación da campioa absoluta do pasado ano María Martínez, malia que si estará o campión galego Fico Losada, que este ano defende a camiseta do Castro Trial, equipo que se perfila como un dos favoritos ao título galego.
De igual modo tamén estarán na línea de saída os gañadores das categorías de promoción do 2025, Adrián Sesar do At. Pino, Pablo Barreiro do CD Pinarium así como Ainhoa Galán do +9 Moraña equipo este, que aspira a revalidar título.
A relación de equipos participantes é a seguinte:
- Carreiras trail absoluta: At. Porriño, C.A.Serres Runners; Castro Trail Team; CD Biosbardo; CdM Xesteiras; C.A.Cambados; C.A.Tui; Comesaña S.C.; Entrenarunning; GTR Galaico Trail Run; Noitebra; Running Sport Trail; S.D. Barbantia Roda; SD Compostela At.; At. Arenteiro; C.D.Pinarium.
- Carreiras de promoción: Atlética Lucense; Maderas Barcia Lourenzá-Cervo; At.+9 Moraña; C.A. Pino; C.D. Pinarium e At. Tambre.
Varias probas
Esta edición ademáis de ser campionato galego, servirá para acoller o campionato provincial de TR asi como unha das xornadas cas que conta a copa Deputación de Ourense de atletismo. De igual modo e como ven sendo habitual, haberá tamén a clásica andaina popular e andaina inclusiva.