Campionato de Galicia
Pista Aire Libre
Gran xornada atlética nos Campionatos da Xunta de Galicia Sub-10 e Sub-12
O sábado, en dobre sesión (mañá e tarde), celebráronse os Campionatos de Galicia para as categorías Sub-12 e Sub-10 na Universidade de Elviña. A categoría Sub-12 tivo lugar pola mañá, onde unha gran multitude de familiares se reuniu nas bancadas, facendo que fose unha xornada verdadeiramente emotiva. No ámbito deportivo, melloráronse moitas marcas persoais nas diferentes disciplinas e categorías, destacando Sara Tajes, das Rías Baixas, que conseguiu a mellor marca gallega Sub-12 no lanzamento de balón cunha marca de 37,73 metros. En definitiva, foi unha gran xornada para o atletismo base en Galicia, onde tanto os atletas como as súas familias gozaron dunha xornada chea de emoción e compañeirismo entre todos os participantes.