Dobre título para a Gimnástica no galego de combinadas por clubs
A Sociedad Gimástica de Pontevedra lograba esta pasada fin de semana o título de campión galego por clubs tanto na categoría feminina como na masculina no Campionato de probas combinadas celebrado no CGTD de Pontevedra.
No apartado feminino, as pontevedresas lograban o título grazas á suma total de 11.863 puntos logrados por Lena Currás, Lía Vázquez, Noa Currás e Lucía Sánchez del Valle mellorando a súa actuación do ano pasado en Vigo onde remataban no quinto posto. O subcampionato galego foi para o Atletismo Sada con 11.202 puntos e o terceiro lugar para o campión do 2025, Celta Atletismo con 10.057 puntos.
Pola súa banda os concursos de Paco Lamas, Iago Gómez, Sergio Lamas e Paio Estévez fixeron revalidar o título galego aos gimnásticos con 15.880 puntos que melloran considerablemente os 13.924 p. do pasada tempada. O Atletismo Deza con 14.412 puntos e o Atletismo Sada con 13950 puntos, acompañaron aos gañadores nos postos de podio.
Clasificación por equipos:
Categoría feminina
- 1ª S.Gimnastica (11.863 p.)
- 2ª Atletismo Sada (11.202 p.)
- 3ª Celta Atletismo (10.057 p.)
- 4ª Sanysec-Ourense (9979 p.)
- 5ª Comesaña S.C. (8.732 p.)
- 6ª Xuncas Diversia (8.470 p.)
- 7ª At. Millaraio (7.678 p.)
Categoria masculina
- 1º S.Gimnástica (15.880 p.)
- 2º Atletismo Deza (14.412 p.)
- 3º Atletismo Sada (13.950 p.)
- 4º Celta Atletismo (11.500 p.)
- 5º Xuncas Diversia (9.580 p.)
- 6º Ames At. Savante (5.990 p.)
A maiores, os mellores de cada categoría a nivel individual foron as seguintes:
- Heptatlon mulleres. Lucía Sánchez del Valle (S.Gimnástica) 5.023 p.
- Heptatlon mulleres (Sub18). Tariqua Brandón (At. Sada) con 3.785 p.
- Hexatlon mulleres (Sub16) Lena Currás (S. Gimnástica) 3.442 p.
- Decatlon homes. Daniel Cariñeña (At. Sada) con 4.859 p.
- Decatlon homes (Sub20). Paco Lamas (SGP) 5.960 p.
- Decatlon homes (Sub18) Beltrán Rivas (At. Deza) 5.574 p.
- Octatlon homes (Sub16) Eloy Fernández (At. Piringalla) 4.373 p.
- Decatlon homes (M60-69) Alberto Vázquez (At. Samertolameu) 4.655 p