Toimil, Ben e Izaguirre bazas galegas para o campionato de España indoor
Un total de 28 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de pista curta que se leverá a cabo no velodrono Luis Puig de Valencia.
Ca ausencia de Ana Peleteiro por maternidade, serán novamente Belén Toimil en lanzamento de peso e Adrién Ben nos 1.500 m. quenes asuman a maior representatividade do atletismo galego.
O primeiro en participar será o atleta de Viveiro nas primeiras eliminatorias dos 1.500 m. o sábado de mañán. O finalista olímpico, a quen vimos batir o récord galego dos 800 m. na pista curta, acude nun gran estado de forma cun crono de 3:37.59 malia que por diante terá nada menos que a catro atletas con mellor marca este ano .
Outra das que acude nun gran momento a estes campionatos é a campioa e plusmarquista de España Belén Toimil quen recentemente lanzaba na Rep. Checa ata os 17.80 m. que a convirten na indiscutible favorita para lograr o seu sexto título absoluto consecutivo.
Nas combinadas atención á actuación do xa oficialmente español Gerson Vidal Izaguirre que lograba a pasada fin de semana a súa MMP nos 60 valos. O internacional venezolano, sempre aposta segura, acude ca terceira mellor marca dos participantes de 5.413 puntos que poderían darlle moi serias opcións de medalla o que sería a primeira, logo de moitos campionatos en postos de podio pero den dereito a el. No mesmo concurso o subcampión de España Sub23 Xoel Otero do Mazi, é outro dos atletas aspirantes a estar nese selecto grupo de finalistas do concurso de probas combinadas.
No medio fondo, Pedro Osorio da Gimnástica pelexará por un posto na final dos 800 m. para o cal deberá dar a súa mellor versión da tempada que o levaban ata os 1:47.69. Na mesma proba, algo máis difícil o terán tanto o campión galego absoluto Anxo Lado do At. Narón como o internacional Elian Numa López do Vicky Foods.
No círculo de peso, o plusmarquista galego e subcampión de España Sub23 Fernando Vallines, buscará estar por enriba da súa MMP de 17.53 m. que o deixarían nos postos top da clasificación. No mesmo sector a temén medallista no campionato de España Sub23 Xiana Lago do Ría Ferrol, con 14.54 m. loitará de igual modo por lograr un posto importante.
Outro dos concursos nos que haberá que estar moi pendentes é o de lonxitude, ca presenza do finalista da pasade edición Sergio Coello da Gimnástica. Nas mulleres a internacional Olaia G. Becerril do Super Amara con 6.18 m., será otra das galegas importantes en tomar parte nestos campionatos.
A proba dos valos con catro catro atletas, é a que conta con máis presenza galega. Na mesma estarán tomando parte os plusmarquistas galegos absolutos Hugo Vázquez do Fent Cami Mislata e Uxía Pereira do Super Amara. Xunto a eles tamén estarán competindo o campión galego absoluto Jaime Reverter do Celta e o medallista de bronce Sub23 David Vicente do At. Albacete.
Sobre os listóns tamén contaremos ca presenza das atletas ourensáns Manuela Blanco e Iria Solera. A pertiguista, medalla de bronce no Sub23, está ás portas dos 4 metros do que tan so lle separan 5 cm. A campioa galega absoluta en altura pola súa banda, ven de saltar este ano ata os 1.74 m. que a permiten seguir mellorando e progresando sobre esta modalidade.
O resto de actuación galega complétase ca participacion dos campións autonómicos Inés Oitaven do Ría Ferrol nos 400 m.; Inés Docampo do ADAS CUPA e de David la Fuente do Playas de Castellón nos 3.000m. así como o de Sabela Martínez da Gimnástica e Pablo Bocelo do Vicky Foods nos 1.500 m. Por último, o medallista de bronce Iker Fernández do Lucus será outro dos galegos que tomen parte sobre a proba dos 3.000 m.
