Protagonismo esta fin de semana para os autonómicos Sub18 e Sub20
Co mes de marzo xa practicamente presente, continúan disputándose no recinto feiral de Expourense os distintos Campionatos Xunta de Galicia de pista curta que terán esta fin de semana como protagonistas aos Sub18 e Sub20.
Campionato de Galicia Sub18
A xornada do sábado estará integramente reservada a partir das 10:00 horas, para a disputa do autonómico Sub18 que contará ca participación dalgúns dos medallistas do pasado campionato galego absoluto.
Entre os mesmos, estarán tomando parte o campión galego absoluto nos 60 m. Aaron Pérez do ADAS CUPA quen parte como claro favorito a colleitar un novo título este ano. Xunto ao velocista internacional de O Barco estará tamén Mateo Refojo do Rías Baixas quen lograba por igual un posto de podio
Sobre os 800 m. femininos Irma Veiguela do Sanysec-Ourense deixaba recentemente unha excelente impresión en Expourense ao igual que o celeste Sergio Gil sobre o listón de altura do que quedaba a tan só 2 cm da barreira dos 2 metros. Pola súa banda Adriana Castiñeira do Coruña Comarca e Sara Faraldo do At. Sada, repetirán o interesante concurso protagonizado por ambas no galego absoluto.
Na pértega feminina e no triplo masculino tanto Rebeca Fernández do Sanysec-Ourense con 3.21 m. como o subcampión galego Bruno Castro do Coruña Comarca con 14.47 m. centarán todas as miradas nos seus respectivos concursos.
Pasando ao sector de lanzamentos, a recén subcampioa de España de lanzamentos longos Aitana Capeáns do Sanysec-Ourense, estará competindo sobre o círculo da pista para estar por riba da súa MMP de 13.10 m.
Nas combinadas, estaremos pendentes da actuación do campión de España Sub16 Joel Santana do Celta At. que acude cun rexistro de 4.514 puntos
Campionato de Galicia Sub20
Xa na xornada do domingo o protagonismo será para os atletas da categoría Sub20 na que campioa galega dos 60 m. Paula Conde do Lucus Caixa Rural parte como clara favorita logo de rexistrar unha MMP con 7.64. A lucense tamén tomará pare nos 200 m. distancia sobre a que a priori é favorita a subcampioa galega Marta Caamaño do Celta Atletismo. Nos homes, Eloi Vázquez do AD Barbanza aparece como o máximo aspirante ao ouro nos 60 m, ao igual que o coruñés do Marineda At. Javier Picos quen recentemente lograba a súa MMP sobre os 800 m. con 1:51.83.
Lucas Vázquez do ADB Barbanza e Daniel Salgueiro do Coruña Comarca protagonizarán un interesante 400 m. distancia sobre a que ambos están por debaixo dos 49 segundos
O medallista de bronce por equipos no pasado campionato de España de campo través Iker Fernández do Lucus, figura inscrito tanto na proba dos 1.500 m. como na dos 3.000 m. das que parte como cabeza de carreira.
Continuando ca modalidade de concursos, Gael Couñado do CAR intentará achegarse á súa mellor versión en altura que o situaban o ano pasado no selecto grupo dos 2 metros. Sen abandoar os listóns, o campión galego de pértega Miguel Carbajales do Sanysec-Ourense xunto ao internacional Gonzalo Cuns en triplo, centrarán a atención nos seus respectivos concursos.