Barbarás vístese de entroido para acoller o galego de Trail Running
Preto de cento cincuenta atletas tomarán parte este sábado 14 de febreiro a partir das 9.30 horas no XI Campionato Xunta de Galicia de TR Classic Absoluto, Sub 23 e másters que se celebrará no Concello ourensá de Barbadás, coincidindo ca celebración dos seus famosos entroidos.
Entre a relación de participantes estarán competindo o campión galego da pasada edición Alexandre Otero do Club de Montaña Vértice que terá en Roberto García do Tribu Trail, bronce o ano pasado, ao seu principal opoñente.
Na categoría feminina tanto a subcampioa galega María Martínez do At. Porriño como a tamén medallista de bronce Rosa María Araujo do Running Sport Trail, derimirán novamente as medallas sobre o circuito barbadense.
Xunto a eles, estarán participando atletas importantes entre os cales destaca a presenza do subcampión de España M45 de subida vertical Federico Losada do Castro Trail. Na categoría M50 duelo de medallistas entre o campión de España Elpidio Gómez do Castro Trail, e o medallista de bronce no mesmo podio Emilio Montilla do CD Biosbardo.
Un dos grandes valores do atletismo galego, Emma Méndez da At. Lucense, será o principal reclamo deste campionato. A internacional e subcampioa de España Sub23 de campo a través , parte como clara favorita na súa categoría nun ano no que os seus obxectivos pasan polo TR.
No resto de categorías compre salientar a presenza dos campións galegos Roberto García na M35 do Turbo Trail; Francisco Pascual M40 do Castro Trail; Rosario Figueroa do CD Biosbardo na F40; Raquel Estévez na M55 do Pinarium e de Antonio González na M60 do At. Porriño.
Importates novidades
Compre salientar que este ano vaise contar cun circuito renovado cuxo percorrido estará máis axustado ás distancias do Campionato de España. De igual modo a diferencia de anos anteriores, o sentido da carreira será contraria a como se viña mantendo ata a actualidade, polo que o plantexamento de carreira será completamente novo para quenes tomen parte nel. Ademáis de todo elo, a distancia curta pasa a ser de 11 km. para os Sub23, sendo a vez primeira que esta categoría conte cunha distancia propia a dos absolutos e máster.