Saltar ao contido
Campionato de España

Gran actuación dos máster no Campionato de España 5K de Ames

Un total de 197 atletas achegados de diversas comunidades tomaron parte este domingo no Campionato de España máster dos 5K no Concello de Ames na que a choiva foi a protagonista da xornada.

A ampla participación galega, que superaba a centena de participantes, lograba un excelente resultado logo de sumar vinte catro medallas individuais e dez por equipos (9 ouros, 13 pratas,12 bronces), así como un récord de España, dous de Galicia e unha nova mellor marca dos campionatos.

O récord de España correspondía á atleta do SD Compostela Atletismo María del Carmen Rodríguez del Río quen cun crono de 23:37 lograba  proclamarse campioa de España da categoría F70.

Ademáis deste rexistro, tamén foron salientables os récords galegos logrados por Manuel Suárez do Veteranos de Samil  na M65 con 18:55 así como a do subcampión mundial máster de maraton Jorge Crespo do C.A.SAR  que remataba no primeiro lugar na M45 cunha nova plusmarca galega de 15:43

Por último José Fernando Saínz do C.A.Sar,  lograba a medalla de ouro e o mellor rexistro dos campionatos na M75, protagonizando un momento especial na zona do podio no que lle adicaba o título  á súa sempre inseparable muller, Elvira Tresguerras.

Ademáis destes récords, proclamáronse campións e campioas de España:

  • Alberto Mariño do S.D Compostela na M40
  • Jorge Crespo do C.A.SAR na M45
  • Juan Antonio Gude do Lucus Caixa Rural na M50
  • Xosé Luis Otero do C.A.Santiago na M70
  • José Fernando Sáinz do C.A.Sar na M75
  • Equipo ADAS CUPA M35 (I. García/ E.Pérez/M.E.Estévez/J.M.García)
  • Equipo S.D Compostela M60 ( J.Suárez/J.Barral/E.R.Fernández)
  • Equipo ADAS CUPA F45  (E.Rodríguez/M.Tasende/E.Ledo)

Resumo actuación galega

 

Compartir