Saltar ao contido
Campionato Internacional

Maria Pita encheuse de campións olímpicos

Poucas veces pode presumir un salón de plenos de poder contar con tantos medallistas olímpicos nunha recepción oficial.

Foi esta mesma tarde no Concello da Coruña onde se levou a cabo a presentación  do XXXVIII Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña ca presenza do Concelleiro de Deportes Manuel José Vázquez, a do Deputado provincial de deportes Antonio Leira e a do Presidente da FGA Iván Sanmartín. Xunto eles acudiron unha importante e nutrida representación dos marchadores e marchadoras que no día de mañán a partir das 17:00 horas estarán tomando parte neste certame  entre os cales se atopaban  María Pérez e e Miguel Angel López (España); Caio Bomfin (Brasil); Massimo Stano e Antonella Palmosano (Italia); Lihong Ciu e Hong Liu (China); Brian Pintado (Ecuador); Kimberly García (Perú) e japonesa Nanako Fujji  entre outros.

A máxima atracción desta presentación foi a presenza da española bimedallista olímpica María Pérez,  quen lembarmos lograba o título olímpico na capital francesa na proba de remudas mixtas xunto a Álvaro Martín, así como a medalla de prata sobre os 20K, e que ademáis ven de proclamarse fai unha semana, campioa de Europa nos 20 Km. Xunto ela tamén acudiría o atleta murciano Campión do mundo e campión europeo, Miguel Angel López

A delegación chinesa coma sempre unha das máis numerosas en Cantones, tamén estivo representada nun importante número na recepción oficial. Ata María Pita acudiron ao fronte da mesma a campiona olímpica en París Jiayu Yang, xunto á cal, tamén estivo, quen dera a Cantones na edición do ano 2015 o fantástico récord do mundo sobre os 20 Km. Liu Hong

A maiores, non menos importante foi a representación italiana na que estiveron presentes os campións olímpicos en Tokio-22 Antonella Palmisano e Massimo Stano

Por parte do continente sudamericano o campión olímpico nos 20 Km. e subcampión de remudas mixtas en París-24 Brian Pintado de Ecuador tamen compartiu foto xunto á bicampioa mundial en Eugene 2022 -e gañadora en Cantones nas dúas anteriores edicións-  Kimberly García do Perú así como a do subcampión olímpico en París-24 Caio Bomfin de Brasil.

Información completa Gran Premio Cantones

 

Compartir