Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Trío de campionatos en Santiago

As pistas universitarias de Compostela enchéronse esta pasada fin de semana de atletismo para celebrar a disputa de tres interesantes campionatos que xuntaron a un importante número de participantes.

O auga quixo estar presente nesta xornada que por momentos restou protagonismo aos verdadeiros protafonistas os cales, dasafiaron tanto as inclemencias meteorolóxicas como as datas festivas para tomar parte.

Os atletas máster e a base sumáronse a esta cita

O sábado arrincaba o Campionato Xunta de Galicia de Combinadas máster que tivo en Lucía Sandoval de A Silva a campioa galega da categoría F50-59 logo de sumar un total de 3.028 puntos. Xunto á campioa situábase no podio a segunda clasificada,  Purificación Cariñena do Millaraio con 2.785 puntos.

No resto de categorías Jesus Villavarde do At. Ames lograba proclamarse campión galego na M35-49 con 3.175 p. ao igual que David López do Millaraio con 4.790 p na M50-59 e Carlos Ferrer do Samertolameu, na M60-69 con 6.140 puntos

Xa para a xornada do domingo, continuabase co resto de campionatos entre os cales o Memorial Alejandro Gómez,  decidíría o nome dos novos campións galegos de fondo.

Precisamente na categoría masculina, suma e segue para un imparable Jesús de la Fuente que lograba o campionato absoluto sobre os 10.000 m. cun crono de 30:51.54. Xunto ao atleta de O Pino compartiron podio Victor Poyuelo de Vicki Foods con 31:19.20 e Marío Rodríguez do Celta con 31:42.90.

Na categoría feminina a tamén campioa galega absoluta de campo a través deste ano, Itziar Manso do Ourense Atletismo, proclamábase campia galega con 36:33.82 polos 39:38.80 da segunda clasificada, Teresa Parrado do At. Santiago e os 40:01.44 de Sabela Martínez do Pinarium.

No tocante aos 5.000 m. Sub20 Sandra González da At. Lucense con 17:53.35 (MMP) e e Pepe Sánchez del Valle da Atlética Lucense con 16:02.33 (MMP) lograban o título autonómico sobre a distancia ao igual que o facían na categoría Sub18 unha excelente Debris Paniagua de O Pino cun 17:04.56 e Alex Sierpes do Vicky Foods con 16:14.61.

Xa por último, as pistas santiaguesas tamén tiveron tempo para acoller a celebración do Campionato Xunta de Galicia de pentatlon máster que nos deixaba os triufos na categoría máster 40 de Manuel Bouza (Millaraio) con 949 p; na máster 45,  Teresa Janeiro (At. Sada) con 2.321 p. e Manuel Barreiro (Millaraio) con 1.259 p.; na máster 50, Elisabet Pazo (Samertolameu) con 2.359 p. e Carlos Almudí (Celta At.) 3.037 p.; na máster 55 Marta Sureda (Samertolameu) con 2.515 puntos e Jorge Rodríguez (A Silva) con 2.021 p.; na máster 60 Xulio Ventín (At. Sada) con 2.868 e na categoría máster 65 Ángeles Rodríguez e Julio Escolante do At. Sada con 2.336 p. 1.845 p. respectivamente.

Compartir