Arquivo
Xermade acollera o domingo dia 10 a IV Carreira Popular Concello de Xermade
O Concello de Xermade está xa ultimando os preparativos para a súa IV Carreira Popular Concello de Xermade que terá lugar o vindeiro domingo día 10. A proba contará con numerosas categorías dende
prebenxamin para os nados nos anos 2007/08 e posteriores ata veteráns. As probas de menores comezarán a partir das 11:00 horas estando prevista a proba absoluta as 12:15 horas. As inscricións pode
facerse ata o día 7 as 13:00 horas e teñen un custo de 5 euros para as categorías dende xunior ata veterán, sendo gratuitas para os atletas pertenecentes as categorías inferiores á xuvenil
inclusive. Non deixes de practicar o teu deporte favorito e coñecer o Concello de Xermade. Inscríbete xa (CLICK AQUI)
(REGULAMENTO)
noticias