Intensa reunión da Xunta Directiva e Comisión Delegada. Aprobado o calendario de competicións
Onte celebrouse en Santiago a xuntanza da Xunta Directiva e Comisión Delegada. A reunión que comezou ás 17:00 horas coa presencia de representantes de distintos estamentos atléticos: Clubes,
adestradores, atletas e xuices, prolongouse ata ás 22:37 horas da noite. Tralo informe do presidente da actual situación da FGA e dun resumo da pasada tempada os delegados das distintas delegacións
mostraron toda a actividade que se realizou no seu ámbito de actuación. Posteriormente deuse a coñecer o resultado positivo da auditoría solicitada voluntariamente polo presidente da FGA , que
según o auditor que dirixiu á mesma demostra unha boa xestión interna da Federación e o correcto uso do orzamento aprobado pola asamblea xeral. Neste informe tamén se relatan algunhas suxerencias
de mellora ás que a FGA deulle prioridad para cumplilas, tales como a lei de Proteccion de datos que conlevou ao cambio no sistema de fichas federativas. Tralo informe do auditor debateuse e
aprobouse o calendario, ademais do sistema de becas para atletas galegos e os records galegos feitos na pasada tempada. En breve publicarase o calendario de competicións actualizado. Dende a FGA
agradecemos o esforzo de todolos membros da Comisión Delegada e Xunta Directiva en presenciar esta xuntanza .