Saltar ao contido
Arquivo

Paco Gil, o director da Escola Nacional de Adestradores visitará Galicia este sábado impartindo docencia no Curso de Adestrador de Club que comeza neste fin de semana

Por segundo ano Galicia será sede da celebración dun Curso de Adestrador de
Club
(Nivel II da RFEA). Esta comunidade é unha das poucas privilexiadas que acollen este curso, xunto a Málaga, Madrid e Barcelona. O Curso terá comezo o venres ás 16:00 horas no
seminario 8 do Pazo da Cultura en Pontevedra e conta co apoio do IMD de Pontevedra. Mariano García-Verdugo será o primer profesor que impartirá docencia no ámbito da Teoría e
práctica do adestramento, xa na tarde do sábado os alumnos presenciarán a charla de Paco Gil, Director da Escola Nacional de Adestradores que falará sobre o adestramento dos
valados. Todolos afialiados da EGA que desexen acudir as clases do curso poderán facelo, co fin de reciclar os coñecementos. A Escola Galega de Adestradores continua a traballar na xestión para
que o seguinte nivel Curso de Adestrador Nacional de Atletismo poida celebrarse tamén aquí en Galicia o que sería moi bo para os técnicos galegos.

noticias
Compartir