Arquivo
O Concello de Porto do Son organiza a súa XIV Milla Urbana o vindeiro 20 de decembro
O vindeiro sábado día 20 de decembro terá lugar en Porto
do Son a tradicional milla deste concello. O evento conta co control técnico da delegación da FGA en Santiago. Haberá todalas categorías comprendidas dende benxamín ata veteranos, con trofeos para
os tres primeiros clasificados e premios en metálico para as categorías promesa/senior e veteráns, ademais de vales de material deportivo da tenda de deportes do atleta Miguel Mayan. As inscricións
rematan o venres día 19 de decembro ás 20:00 horas. Mais información
noticias