O Concello de Vilalba sería o anfitrión esta fin de semana da disputa do Campionato Galego Escolar de Campo a Través organizado polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Delegación da F.G.A. en Lugo e Agrupación Deportiva Terra Chá
Tomarían parte neste Campionato a nivel individual os oito millores atletas provinciáis de cada categoría, así como os dous millores clubes das categorías alevín, infantil e cadete.
As probas que comezarían ás 10.45 horas do sábado darían o trunfo na categoría alevín a Xela Martínez da Atlética Lucense e Pepe Sánhez do Franciscanos de Lugo; na Infantil a Carolina Santos da Agrupación Viguesa de Atletismo e a Pedro Vázquez do Real Club Celta, sendo os títulos na cadete para Sara Lima do Beade e El Medhi, El Nabaoui do C.D.S.P. A Estrada.
Por clubes os títulos estarían moi repartidos correspondendo ó Franciscanos de Lugo na categoría Alevín masculina; RIA Ferrol-CCA na alevín feminina; Atlética Lucense na infantil masculina, e Atletismo Friol na Cadete Feminino. O único equipo que repetiría trunfo sería o Ourense Atletismo que se faría cos títulos en Infantil mulleres e cadete homes.