Estela Estévez, a raiña do cross galego

Esta fin de semana disputarase como vimos anunciando no Concello de Ribadavia, o LXXXII Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto masculino e a L edición na categoría feminina.

Nada menos que un total de 82 edicións (50 nas mulleres) teñén pasado dende que aquel lonxano 1916 Jose Castillo do Vigo S.C. inscribira o seu nome por vez primeira sobre unha distancia de 5 km. inaugurando o palmarés galego desta sempre dura, pero o mesmo tempo fermosa disciplina atlética.

Desde entón e con algún que otro parón que en calquer caso a partir de 1968 serían xa inexistentes, a atleta que máis títulos ten acadao na historia, é a viguesa Estela Estévez que baixo as ordes de Oliva Román acadaría nada mesmo que oito títulos autonómicos (1982,84,86,88,89,90,91,94).

Na categoría masculina hai tres atletas que comparten o título honorífico con seis victorias cada un entre os que se atopan: Estanislao Durán (1978, 79, 81, 82, 83, 85) Alejandro Gómez (1989, 93, 94, 95, 96, 97) e Pedro Nimo (2005, 06, 07, 08, 13, 14). O de Santiago, que tomará parte no campionato, podería encabezar en solitario esa lista se consegue a victoria en Ribadavia.


Ligazón